Friday 17 de May de 2024

Conciliación de Entroido en Ordes


Disfraces, festa, obradoiros, diversión e toda a maxia do Entroido é do que estes días están a desfrutar os 15 nenos e nenas que asisten polas mañás ao ‘Carnival Camp’. Unha iniciativa coa que o Concello de Ordes contribúe á conciliación da vida familiar e laboral, e para a que conta co financiamento da Deputación da Coruña ademais de colaboración da escola ConTalento.